Estas son as obras que fará o Concello de Vilagarcía no rural por valor de 2 millóns de euros

La Voz VILAGARCÍA

VILAGARCÍA DE AROUSA

Una de las actuaciones se desarrollará en Vilaboa
Una de las actuaciones se desarrollará en Vilaboa ADRIÁN BAÚLDE

O plan inclúe reformas importantes de humanización ata melloras en 53 camiños das parroquias

28 jun 2025 . Actualizado a las 14:48 h.

O goberno de Vilagarcía informa de que se están a facer obras nas parroquias por valor de 2 millóns de euros: 1,1 millóns destínanse a reformas de gran calado como as que afectan a Vilaboa (Sobradelo), que se adxudicará proximamente, ou Bouza de Abaixo (Sobrán), que se licitará previsiblemente en agosto.

Por outra banda, o Plan de Asfaltados do Concello, dotado con 515.000 euros, servirá para mellorar 53 camiños, o que supón 15 quilómetros de rúas. As actuacións estanse levando a cabo en diversos puntos, como Sobradelo, Rubiáns, Renza, Fontecarmoa, Faxilde ou O Carril. Neste último lugar publicouse o venres a licitación do lote 1 para a mellora das travesías en Rosalía de Castro.

Os 520.000 euros restantes investiranse na ampliación das redes de saneamento no rural, cun total de 23 actuacións en Cea, Os Duráns, Carril, Guillán ou a que se levará a cabo proximamente en Trabanca Sardiñeira. A obra realizarase en travesía do Campo, e permitirá dotar do servizo a un par de vivendas.

Ademais, xa están licitadas tanto as obras en Vilar Ponte (Os Duráns) como na rúa Bernardas (O Carril) e proximamente sairán a concurso o proxecto para a rúa Ameal (A Lagoa), como para Muiños (Cea).

«Todas estas accións son froito dunha rolda de conversas que o goberno municipal mantivo coas asociacións veciñais e cos colectivos locais. «Falan os feitos. Dende Ravella aportamos solucións ás demandas que poidan xurdir», segundo indicou o alcalde, Alberto Varela.