O Concello de Vilagarcía saca a licitación un novo paquete de obras do seu plan de asfaltados

G. B. BANDÍN / R. E. VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

investimento que ten previsto renovar case tres quilómetros da rede viaria local

12 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Vilagarcía continúa co proceso do plan de asfaltados e agora pon en marcha a licitación dun segundo paquete de obras. Terán un prazo de execución de tres meses e un orzamento de 330.707 euros; as empresas interesadas teñen ata o 1 de setembro para presentar as súas ofertas a través da Plataforma de Contratación do Estado.

As rúas que forman este segundo lote presentan «deficiencias derivadas da súa utilización, co firme no final da súa vida útil», con fendas e socavóns, segundo recolle o proxecto técnico. Polo tanto, as obras previstas contemplan a extensión dunha nova capa de rodadura e unha regularización do firme nos tramos necesarios, así como o fresado do pavimento e o ensanchado dalgunhas das zonas sobre as que se vai actuar.

Neste paquete de obras figura acometer melloras na rúa de acceso ao Hospital do Salnés, así coma na rotonda da avenida Valle Inclán situada á altura do Cavadelo. Pero a actuación tamén afectará tamén a outras sete vías: San Andrés (O Carril), Fondo da Vila (Trabanca Sardiñeira), Ramón Martínez (O Piñeiriño), Adolfo Pedrido Morla, Feal e Marxiada (Sobradelo), rúa Fonte de Faxilde. Aproveitando este traballo, na rúa Maxiada renovarase a rede de pluviais e en Feal, a de fecais.

Por outra banda, o primeiro lote de actuacións deste plan de asfaltados está en licitación dende o 26 de xuño e inclúe as actuacións en rúa Fontecarmoa e a Travesía Rosalía de Castro.