
O instituto Castro Alobre acolleu unha conmemoración moi especial
30 ago 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O salón de actos do IES Castro Alobre onte vestiuse de gala para acoller un grupo moi especial de antigos alumnos. Conmemorando os 50 anos de historia, a primeira promoción do Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) que cursou no entón instituto Calvo Sotelo de Vilagarcía reuniuse para relembrar vellos tempos. Contando coa presenza do alcalde da cidade, Alberto Varela, e dun representante da Xunta, a denominada xeración da transición foi agasallada cun acto moi emotivo.