O fillo de Vidal Bolaño disertou en Ribeira sobre o seu papel no teatro actual

A. G.

BARBANZA

07 ago 2013 . Actualizado a las 17:47 h.

Unha veintena de veciños acudiron á primeira das conferencias organizadas polo Concello de Ribeira para render tributo a Roberto Vidal Bolaño. O conferenciante foi o seu fillo, Roi Vidal, quen disertou sobre Vidal Bolaño e a dignidade do teatro galego. Roi Vidal explicou que o cartel que ilustra estes seráns literarios promovidos polo Concello consta dunha imaxe que foi tomada con motivo dunha curtametraxe filmada nas dunas de Corrubedo. Os seráns literarios prosiguen esta tarde. Ás 20.30 horas intervirá David Pobra, gañador do premio de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira. Estas charlas complementan a exposición que sobre o autor exponse na biblioteca ata o 16 de agosto por iniciativa da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta.