«A nosa zona ten unhas condicións privilexiadas para este deporte»

ribeira / LA VOZ

BARBANZA

24 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Germán Romero é unha cara coñecida do voleibol barbanzano. Sen embargo, aínda que segue namorado deste deporte, agora ten outro preferido: «Penso que a mellor modalidade que existe é o BTT», sinala. Quizás por iso practica e practica coa bicicleta e é o tesoureiro do clube ciclista O Treito, que deseña a ruta ciclista de Multivoz. Onte, precisamente, el e os seus compañeiros estaban no monte, sinalizando o recorrido.