A festa do galego invadirá toda a comarca

La Voz

BARBANZA

Os xogos tradicionais teñen un oco na Romaría das Letras<span lang= es-es >. </span>
Os xogos tradicionais teñen un oco na Romaría das Letras. Marcos Creo< / span>

Filgueira Valverde será a figura protagonista da oferta cultural desta fin de semana

14 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Tamén o departamento de Cultura de Noia ten previstas varias propostas para a xornada do domingo. A inauguración dunha Mostra Filatélica na casa de cultura marcará o inicio dun programa que inclúe a tradicional ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés e María Mariño. Pola tarde (20.30) celebrarase un concerto de corais na igrexa de San Francisco.

Maxi Olariaga

Sen saír da vila noiesa, o Museo do Mar tamén conta con programación propia. Maxi Olariaga acompañará a Emilio García Portosín na presentación do seu libro Unha nova odisea, e acto seguido celebrarase un recital no que intervirán coñecidos poetas da bisbarra.

Pola súa parte, o Irish Pub O?Lar de Noia ten programados un monólogo, un concerto e un recital poético para as noites desta fin de semana.

Outra cita que se vai asentando no calendario ano tras ano é a Festa de 1906, que organiza o colectivo rianxeiro Antrospinos. Campo de Pasos, en Taragoña, será igual que nos últimos anos o epicentro da actividade, que comezará ás 11.00 coa apertura dun mercado tradicional e artesanal. Haberá xantar, música tradicional, torneo de escoba e as actuacións de Leo Arremecághona e Os Perucos. Pola súa banda, o sábado, no salón de actos do auditorio de Rianxo, Pepe Barro presentará Tres Rosalías, unha exposición oral ilustrada.

Os Bolechas

O Concello da Pobra tamén ten prevista unha ampla programación que comeza hoxe (17.30) cunha gran festa con obradoiros, xogos e música. Ademais, os cativos recibirán como agasallo o libo Os Bolechas no Barbanza. Isto será na casa de cultura, mentres que o auditorio do Museo Valle-Inclán dará cabida mañá (20.30) á presentación da guía Persoeiros da Cultura. Arousa Norte, de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Varios grupos de gaitas e pandereteiras porán música á festa das letras o sábado e o domingo con actuacións nas rúas da vila.

En Lousame, a banda de música municipal ofrecerá un concerto mañá ás 20.30 na casa de cultura, o mesmo escenario no que o sábado haberá unha festa infantil con obradoiros culturais e xogos para cativos de 5 a 12 anos.

Un amplo programa é o que ten previsto o Concello ribeirense para celebrar o Día das Letras, comezando por un concerto da Coral Polifónica Municipal de Ribeira e a de Betanzos que será o sábado, e rematando cunha gran festa que inclúe teatro, inchables e música para os nenos en Aguiño.

Calle peonil de Boiro e finca de Goiáns

Día: Domingo

Horario: A partir das 11.00 horas

Noia

Día: Domingo

Horario: 12.00 horas

Campo de Pasos (Taragoña)

Día: Domingo

Horario: 11.00 horas

Museo do Mar de Noia

Día: Sábado

Horario: 20.15 horas

A Pobra

Día: Hoxe, mañá, sábado e domingo

Igrexa de Santa Uxía (Ribeira)

Día: Sábado

Horario: 19.45 horas

Conservatorio de Aguiño

Día: Domingo

Horario: 12.00 horas

Auditorio de Rianxo

Día: Sábado

Horario: 20.30 horas

Casa de cultura de Lousame

Día: Mañá e o sábado

Horario: 20.30 e 10.30 horas

O?Lar (Noia)

Día: Mañá, sábado e domingo

Horario: 22.00 horas