
O pazo encheuse de veciños que festexaron con música e baile
17 may 2015 . Actualizado a las 16:32 h.Goiáns convertiuse en epicentro das Letras Galegas no Barbanza. Ao pazo acercáronse veciños de toda a comarca que gozaron da música, baile e comida tradicional galega. Non faltou de nada e o sol resplandeceu durante toda a mañá. Ao mediodía os presentes aproveitaron o día para comer cos seus veciños nos xardíns do parque. O espíritu de Rosalía de Castro e Castelao matense moi vivo en Boiro.