Castigos divinos

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

19 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Se hai alguén que sufriu e sofre, tanto ou máis que ninguén, a traxedia dos paraísos fiscais son moitos dos nosos mariñeiros que tiveron e teñen que achantar cun traballo en barcos, de pesca ou de cabotaxe, con pavillón de comenencia, con malas condicións salariais e sociais e, mesmo, cando por accidente ou ser vítimas dun delito de secuestro por abordaxe, non teñen máis protección xurídica cá dos países onde están inscritas esas embarcacións «pirata», que é ningunha.

Analicemos este dato. Dos países que abandeiran a meirande parte do tráfico marítimo mundial, Panamá é o que conta co maior rexistro de barcos (6.447 unidades), seguido por Liberia (1.538), Bahamas (1.316), Malta (1.181), Chipre (1.084), Islas Marshall (632)... Outras flotas que son referentes mundiais en canto a número de buques e tonelaxe son a grega, con 1.540, Singapur, con 1.842, e Hong Kong, con 1.058, pero tamén España figura no posto 41 polo Rexistro Especial de Canarias con 118 barcos inscritos. ¿Pode alguén explicar que iso é unha anomalía que non ten arranxo?.

Cando da confrontación política se trata, cada rival é cacheado polo adversario coa intención de descualificalo, o que non está mal xa que, entre outras cuestións, é un bo xeito de acadar a selección natural, moi necesaria en política para que a cidadanía poida elixir aos máis próceres. Cousa ben distinta son as prácticas do cainismo hispánico de Unamuno, como se fixo con servidor, pero isto non semella ser o caso do ex-ministro Soria, o que quizais sexa un castigo divino por duplicarnos o prezo da electricidade e pór obstáculos ás renovables.