Agonía

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

Imagen de archivo de un ordenador.
Imagen de archivo de un ordenador. XOÁN CARLOS GIL

05 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

tramitación dun expediente administrativo é hoxe unha carreira de obstáculos, tal que chegas ao final coa lingua fóra, como se percorreras cen metros valados sobre pista. Para facernos unha idea, constan normalmente de catro fases: inicio, instrución, terminación e execución.

Fases nas que van intervindo distintos axentes públicos que fiscalizan, informan, asinan e tramitan, un proceso que xuridicamente parece impecable e que, como teño dito moitas veces, velan pola seguridade xurídica — que ás veces non se dá —, pero que chegan a ser un calvario documental. Cando pensas que algo xa está a piques de rematar e dar servizo ao cidadán aínda falta algún documento, algunha sinatura ou algún trámite que, como ten que ser concatenado, non pode comezar sen ter os anteriores finalizados.

Coa dixitalización debería ser máis rápido, pero vemos como todo vai máis lento, a todo lle leva moito máis tempo, moitas veces porque a informática é implacable e intolerante cos procesos. Algo que nun trámite analóxico podíase obviar, o proceso dixital paralízao por completo, sen piedade.

Como cada trámite é un proceso lineal, do que cada paso depende de ter pechado o anterior, non permite avanzar procesos simples ou sinxelos que se podían adiantar, polo que os atascos que haxa en algún departamento concreto poden facer que todo vaia máis lento.

Non é asunto superficial nin apreciación persoal, porque todo o mundo pensa que as administracións son hoxe máis lentas que hai anos, tamén máis caóticas. Esta situación pública arrastra a toda a actividade privada, á que obriga a ir lenta.