1323

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

04 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Aprimeira alfombra floral documentada en España remóntase ao ano 1323 en Ourense. Así o afirma a prestixiosa antropóloga Ana Filgueiras Rei —arqueóloga de Noia— no estudo histórico que realizou para presentar na Unesco e na Xunta por encargo da Federación de Alfombristas de Galicia, que me honra presidir. Como un tributo sagrado á terra e á eclosión vexetal, e con relación con outras expresións florais coñecidas como o lumepán, a pascua florida ou os ritos de San Xoán, en máis de cen localidades galegas fanse alfombras dende hai 700 anos, que se cumpren este ano.

A Xunta de Galicia vén de incoar o expediente para a declaración BIC das técnicas e coñecementos do alfombrismo galego, incorporándoos ao censo do patrimonio cultural de Galicia como paso previo ao recoñecemento.

Ese mesmo informe foi o que presentou o Ministerio de Cultura na Unesco, a solicitude da Federación de Alfombristas de Galicia e outras entidades, para que se declare patrimonio cultural inmaterial da humanidade «la tradición de la creación de alfombras florales y composiciones rituales con materiales naturales», que probablemente sexa a primeiros do ano 2025.

Todos estes galardóns perseguen a salvagarda dunha creación artística e ritual secular que viña perdendo peso nas nosas vilas, así como un tributo ás miles de persoas que, de xeito altruísta, engalanan o noso espazo público por un día, e que tamén supoñen un atractivo para visitar.

Recomendo fuxir, como sempre, das declaracións de interese turístico, porque o turismo converte ao patrimonio en espectáculo.