O Arousa ponse ao día cun derbi co Boiro que o pode catapultar ao segundo posto

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo VILAGARCÍA / LA VOZ

BOIRO

MONICA IRAGO

Míchel Alonso deixa aberto un cambio de debuxo ante as baixas na zaga

04 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O grupo galego da Tercera RFEF chegou ao parón de Nadal co groso dos seus equipos pendentes de xogar unicamente un partido máis para completar a primeira volta. Todos, agás o Arousa e o CD Boiro. Ambos os dous vense hoxe as caras sobre o céspede da Lomba (18 horas) para poñerse ao día co resto dos seus competidores disputando o derbi correspondente á duodécima xornada de Liga, aprazado no seu día por un temporal. 

O Arousa de Míchel Alonso procura 3 puntos que, de sumar, o catapultarían do seu actual cuarto posto na clasificación ao segundo con 33 puntos, a tan só 2 do líder, a UD Ourense, e con outros tantos de vantaxe sobre a Sarriana e o Racing Vilalbés. O CD Boiro, pola súa parte, aspira a continuar coa súa particular remontada, iniciada precisamente tras o adiamento da visita a Vilagarcía, inicialmente programada unha semana despois de que o Atlético Arteixo puxera contra as cordas o conxunto do Barbanza endosándolle un 1-6 na que era a súa cuarta derrota consecutiva. Desde entón con dous triunfos, un empate a un partido perdido, 1-0 no inicio do espertar do Vilalonga, o CD Boiro aspira a seguir achegándose á zona media-alta da táboa.

O adestrador do Arousa recordaba onte na previa do partido aquel punto de partida do derbi antes da suspensión e como cambiaron desde entón as cousas: «Ya hablamos de este partido en su día. El Boiro venía del perder 1-6 con el Arteixo y yo decía entonces que era algo anecdótico, como así se está viendo. El Boiro está compitiendo mejor».

Míchel Alonso advirte do perigo que o fútbol do seu rival lle pode facer ao Arousa. «Sobre todo», di, «en transición ofensiva nos puede generar problemas, con jugadores como Sylla, Mario Regueiro y Pedrosa» aproveitando o xogo dun conxunto que se impulsa sobre a base de tres centrais acompañados de dous carrileiros.

Precisamente, este pode ser hoxe o ata agora inédito debuxo do técnico arlequinado. Non pola convicción de quen viu xogando cunha tradicional liña de catro zagueiros, senón pola necesidade, con Luis Castro e con Mario García, os dous efectivos que veu empregando no lateral esquerdo, ausentes; o primeiro por lesión e o segundo por acumulación de amoestacións. «Un entrenador como yo que no está prisionero de ningún sistema ni modelo de juego concreto puede optar por cambiar de dibujo o por adaptar a un jugador desde otra posición», declarou Míchel Alonso a preguntas ao respecto. E iso, recoñecendo que as fortes precipitacións caídas nas últimas horas obrigarán a bo seguro a pensar en, como mínimo, dous partidos diferentes a medida que pasen os minutos e a disputa acabe reducindo a manobrabilidade do balón sobre o sempre delicado firme da Lomba. «Creo que es probable que el partido comience siendo una cosa y acabe en otra diferente», di.

Con todo, a maior preocupación de Míchel Alonso é a de ver a mellor versión do seu equipo, e non a que deu pé a ver voar catro dos últimos seis puntos disputados na Lomba por erros clamorosos na segunda parte, con remontadas do Gran Peña e do Silva sustentadas en pifias individuais. «Hay que competir los 90 minutos», reiterou o ferrolán, quen comenta que os seus xogadores chegaron ben tras os días de descanso no Nadal.

Desta mesma opinión é Rivera. O dianteiro vilagarcián declaraba onte que «estamos muy bien físicamente, como motos». Fíxoo despois de recoñecer que «tenemos que conseguir que nuestras segundas partes sean tan buenas como las primeras». E é que, chegados a este punto, no equipo vilagarcián son conscientes de que «tenemos que hacer una segunda vuelta mejor que la primera para ganar la Liga».

Neste camiño, Rivera sinala a necesidade de evitar os erros puntuais que lle custaron catro puntos ao Arousa nas súas dúas anteriores comparecencias na Lomba. Neste caso, nun choque ante o Boiro do que espera saia «un partido bonito».