Corenta voces en torno Fisterra, na Xornada do Libro en Galego carnotá

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARNOTA

MARCOS MÍGUEZ

Francisco Fernández Naval exercerá de mestre de cerimonias na cita de hoxe: 12.00 horas

30 jul 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Carnota está a acoller nestes dous meses centrais do verán, xullo e agosto, as segundas Xornadas do Libro en Galego, promovidas pola libraría Chorima. Por elas xa pasaron voces tan ligadas á Costa da Morte como Guadalupe Vázquez ou Alexandre Nerium, e aínda virán outras como Xosé Iglesias ou Marta Lado, ademais da memoria de Paco Souto. Non obstante, antes de todo iso, a cita máis inminente será a de hoxe, sábado, con Francisco Fernández Naval como mestre de cerimonias: 12.00 horas, Praza da Pedra.

El será o encargado de presentar a obra Fisterra: relato curto en Galicia (Linteo Ediciones, 2022). Na publicación, segundo deu cadra Chorima, conviven un total de 40 voces, «con propostas rigorosamente inéditas», pertencentes a moi diferentes xeracións literarias. Dende Méndez Ferrín a Darío Xohán Cabana, Andrea Maceiras, María Canosa, Pedro Feijoo ou o propio Fernández Naval. Unha obra coral, o finis terrae como un punto de encontro.