Madó Santos Maneiro recolle o Premio do Castro á Xestión Cultural polo seu traballo no Concello de Muros
MUROS

Foi coordinadora de Cultura e Educación durante preto de 37 anos
17 oct 2025 . Actualizado a las 21:15 h.O pazo de Mariñán de Bergondo acolleu hoxe a entrega do primeiro Premio do Castro á Xestión Cultural Galega, que foi caer nas mans de María Dolores Santos Maneiro, Madó, que durante case 37 años —entre 1987 e 2024— traballou como coordinadora das áreas de Cultura e Educación no Concello de Muros. O galardón, impulsado pola Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (Agxpc), pretende destacar a gran traxectoria profesional desta técnica municipal.
Madó Santos confesou que era un auténtico orgullo «que pensaran en min como merecedora deste premio», e explicou que durante a súa etapa no Concello de Muros o seu obxectivo foi sempre «centrarme na xente, na comunidade», con independencia das cores políticas dos distintos gobernos locais polos que pasou o municipio neste tempo.
«A comunidade axudoume a blindar as programacións culturais ante os cambios políticos», asegurou Madó Santos no momento de recoller o galardón, que naceu con obxectivo de brindar unha homenaxe ao proxecto cultural e empresarial de Isaac Díaz Pardo, Carmen Arias, Mimina; Luis e Maruxa Seoane, «e por tantos e tantas outras que hoxe en día serían parte da profesión».