
O efecto dominó dos arrastres faría que sete equipos descendan
22 may 2019 . Actualizado a las 21:37 h.A caída do Celta B ao play-out de descenso en Segunda B provocou un xiro nos acontecementos previstos. Se os da cidade olívica fracasan na súa eliminatoria fronte o Alcoyano, o efecto dominó dos arrastres faría que sete equipos caian desde Preferente Galicia.
De rematar hoxe a liga, o Foz estaría salvado porque é duodécimo, con oito escadras por detrás. Non obstante, queda unha última xornada e os de Gayol, con 48 puntos, ven moi preto a Puebla (48), San Tirso (46) e Xallas (46).
Os mariñáns visitarán ao Noia este domingo a partir das seis da tarde. O seu rival non ten máis alicerce que tratar de rematar nunha cuarta praza que dará dereito a xogar unha promoción sen posibilidades de ascenso. No mesmo horario vaise disputar o resto da xornada, con especial interese focego nos Xallas-Montañeros, Puebla-Órdenes e Dubra-San Tirso.
Entre estes catro equipos, dous rematarán en Primeira Galicia se o Celta B baixa. De triunfar o
filial olívico só descenderá un. De sumar tamén un ascenso galego a Segunda B, o Paiosaco quedará en Terceira e estes catro conxuntos manteríanse sempre en Preferente. O Foz, ademais, ten gañado o golaveraxe a Puebla e Xallas, polo que sairía beneficiado en tódolos casos de dobre, triple ou cuádruple empate a puntos agás se só o fai co San Tirso.
O efecto dominó dos arrastres pode facer que ata sete equipos baixen de Preferente; o Foz agora é oitavo, precisa puntuar