Os libreiros desvelan obras e autores preferidos

Laura Ríos
Laura Ríos RIBEIRA

PORTO DO SON

CARMELA QUEIJEIRO

Los vendedores se esfuerzan en recomendar a los lectores los mejores títulos

11 nov 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Vivir entre libros implica ter a tentación de intentar lelos todos. Aínda que a fazaña sería irrealizable, o certo é que os profesionais barbanceses se enganchan a tantos que a maioría das veces son os mellores recomendando novas lecturas.

a. De que boa lectura gozou ultimamente?

b. Que autor lle sorprendeu estes últimos meses?

c. Como podería fomentarse o gusto pola lectura?

María José Maniero, de librería Andrea, Porto do Son
María José Maniero, de librería Andrea, Porto do Son MARCOS CREO

1. María José Maneiro

Librería Andrea (Porto do Son)

a. Gustoume moito Reina roja, a última novela do escritor Juan Gómez Jurado.

b. Non che sabería dicir un autor en especial, son desas persoas que non se fixa moito niso.

c. Iso vai con cada persoa, pero é algo que hai que alimentar dende pequeno por parte dos pais. Non se trata de obrigalos a ler, senón de poñer libros na súa vida dende que son moi pequenos.

Cipriano Pose, de librería Ler, A Pobra
Cipriano Pose, de librería Ler, A Pobra CARMELA QUEIJEIRO

2. Cipriano Pose

Librería Ler (A Pobra)

a. Historia de las mujeres casadas, de Cristina Campos. Paréceme que neste maremagnum ideolóxico entre machismo e feminismo é como un cambio, unha perspectiva diferente.

b. Juan del Val coa súa novela Boca besada. Non tiña moitas expectativas, pero a verdade é que me gustou moito. Cando vin ao escritor pola televisión pensei que non tiña nada moi interesante que contar, pero logrou facerme cambiar de opinión.

c. É bo que intentemos que a xuventude se interese polos clásicos da literatura, como El Quijote. Nos 17 anos que levo traballando neste negocio, só me pediron tres, e iso preocúpame moito. Temos que ensinarlle á xente nova que a lectura non é só un entretemento, senón unha forma de seguir aprendendo toda a vida.

Rosa Tubío, de Espazo Lector Nobel, en Boiro
Rosa Tubío, de Espazo Lector Nobel, en Boiro CARMELA QUEIJEIRO

3. Rosa Tubío

Espazo Lector Nobel (Boiro)

a. Eu recomendaría Los extraños, del Jon Bilbao. Gustoume a súa forma de contar as cousas e, sobre todo, a súa capacidade de trasladar ao lector ao País Vasco.

b. Agora mesmo, o propio Bilbao.

c. Penso que non deberíamos obrigar aos adolescentes a ler libros en castelán antigo porque ao final quitámoslle as ganas de mergullarse nun libro. Eu defendo que teñen que saber as obras e autores importantes do pasado, pero temos que impedir que vexan a literatura como algo aburrido.

Luz Estévez, de Kiosco Luz, en A Pobra
Luz Estévez, de Kiosco Luz, en A Pobra CARMELA QUEIJEIRO

4. Luz Estévez

Kiosco Luz (A Pobra)

a. Gustoume ¿Y a ti qué te pica? de Meghan Maxwell. é un libro sinxeliño de ler, lembroume a obras como Memorias dun neno labrego, que a pode ler calquera.

b. Un que me sorprendeu moito foi Morgan Robertson, que escribiu El hundimiento del Titán. Resulta que fala da historia do afundimento dun barco moi parecido ao Titanic e nas mesmas circunstancias, pola contra, foi escrito no ano 1898, 14 antes que a traxedia, quedei abraiada.

c. A mellor maneira de facelo é o boca a boca, que a xente se recomende obras.

Jéssica Martínez, de librería Chorima, en Carnota
Jéssica Martínez, de librería Chorima, en Carnota

5. Jéssica Martínez

Librería Chorima (Carnota)

a. Ultimamente estiven lendo Salvaje, de Cheryl Strayeb. Enganchoume pola maneira de escribir da propia autora, ten un xeito moi fluído de ir enlazando cada elemento da trama.

b. Se tivese que dicir un nome sería o de Olaia Castro, non lera nada dela e quedei con moi bo sabor de boca.

c. O mellor para que os rapaces empecen a ler é que o tomen con tranquilidade, que non o vexan como unha obriga. Considero que é mellor entrar por outra parte, como por exemplo con contacontos ou teatro.

Inmaculada Blanco, de librería Blanco, Noia.
Inmaculada Blanco, de librería Blanco, Noia. MARCOS CREO

6. Inmaculada Blanco

Librería Blanco (Noia)

a. Nestes días estame gustando El último caso de William Parker, de Alexandre Escrivá, lémbrame moito á maneira de narrar de Joel Dicker.

b. Ivón Martín co seu El ladrón de rostros, unha gozada!

c. Poñendo libros en todas partes, así foi como me aprendeu meu pai a min a ler. Xa fora á cociña ou ao baño, sempre había algún libro agardando por min.

Antía Carou, de librería El Cisne, Boiro
Antía Carou, de librería El Cisne, Boiro CARMELA QUEIJEIRO

7. Antía Carou

Librería El Cisne (Boiro)

a. Dos libros que lin nestes meses encantoume Todo vuelve, de Juan Gómez Jurado.

b. Se teño que recomendar un autor sería Pedro Feijoo, sobre todo o seu libro Nadie contará la verdad. Estase vendendo moi ben tamén.

c. É algo que a familia lle ten que inculcar aos pequenos non só convidándoos a ler, senón servindo de exemplo. Se queres que os teus fillos collan a lectura con ganas, o mellor é predicar co exemplo e que che vezan a ti gozala na casa.