Viaxe ás Malveiras e lectura de textos

La Voz

RIANXO

21 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A vila rianxeira segue mergullada nos actos ideados polo Concello para renderlle homenaxe a un dos seus grandes literatos, Manuel Antonio, coincidindo co aniversario da publicación da obra De catro a catro. Para hoxe hai previstas dúas interesantes actividades.

Na primeira delas, unha viaxe ás illas Malveiras coa que se tentará retomar unha homenaxe frustrada que un grupo de amigos pretenderon renderlle ao poeta do mar no ano 1935, so poderán participar as persoas que se inscribiron previamente. Pero a segunda, un acto literario que terá lugar no auditorio, é aberta a todos os interesados. Está previsto que tomen a palabra escritores destacados como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira e Ana Romaní. Logo haberá un concerto da aula de música da UNED Sénior.

Porto de Rianxo

Día: Hoxe

Horario: 17.30 horas

Auditorio de Rianxo

Día: Hoxe

Horario: 20.30 horas