A Inchadiña homenaxea tamén a Castelao este ano

La Voz

RIANXO

CEDIDA

Subirán desde a ría de Arousa (Rianxo) ata o Ulla e o Sar embarcacións chegadas de todo o país

22 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Unhas vinte embarcacións tradicionais de todo o país uniranse novamente á «Inchadiña Branca Vela» nunha homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro, que desta volta tamén homenaxeará a Castelao, de quen se cumpren 75 anos do seu pasamento.

Subirán desde a ría de Arousa (Rianxo) ata o Ulla e o Sar embarcacións chegadas de todo o país: gamelas, galeóns, bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo (polbeiras, de tope, xeiteiras), chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a asociación cultural Dorna da Arousa, coa colaboración dos concellos de Padrón, Rianxo, Catoira, Dodro, Rianxo e Valga. A novidade desta edición é que boa parte das embarcacións sairán xa pola mañá do porto de Rianxo —ás 10 horas— para logo unirse ao percorrido habitual, coa saída ás 16 horas desde a praia fluvial de Vilarello en Cordeiro (Valga).