
Lino Lema, Manuel Chaín e Gerardo Triñanes foron algúns dos intervintes
05 jul 2025 . Actualizado a las 09:42 h.O acordo ao que chegaron o Concello de Ribeira e o Consello da Cultura Galega materializouse na primeira actividade: unha xornada sobre a historia e os oficios do mar. Contou con diversos relatorios, coma os de Lino Lema, do Padroado do Museo do Pobo Galego; Manuel Chaín, da Xunta; Gerardo Triñanes, que puxo de relevo a carpintería de ribeira; ou Rosa María Pardo, redeira que falou da dificultade do relevo na súa profesión. O alcalde, Luís Pérez, valorou positivamente a actividade.