O club vilagarcián acudiu á cita internacional con nove deportistas
15 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Club Olimpic de Vilagarcía de Arousa participou a pasada fin de semana con nove deportistas da súa canteira na vixésimo cuarta edición do Campionato Internacional de Taekuondo Cidade de Ribeira. Unha cita que reuniu non só a taekuondistas procedentes de diferentes puntos da xeografía española, senón tamén de Portugal, de Italia, de Croacia e mesmo de Costa Rica. O equipo vilagarcián volveu con media ducia de medallas.
Denis Rubianes foi o máis destacado de entre os alumnos adestrados por Miguel Ánge Cuevas, campión no cadro de competición precadete masculino en menos de 27 quilogramos. Unha categoría na que os seus compañeiros Oliver Arosa e Lucas Oliveira remataron coa prata e co quinto posto en menos de 30 e en menos de 33 quilogramos, respectivamente.
Alexia Leal fíxose coa prata en precadete feminino de menos de 30 quilos e con cadanseu bronces Izan Fontenla, en infantil de menos de 23 quilos, e Chiara Rey, en cadete feminino en menos de 59 quilos.
Na categoría cadete masculina, Miguel Cuevas caeu na segunda rolda de menos de 41 quilogramos diante do número 1 do ránking, e Aday Amoedo na de menos de 37.