A Banda Municipal e a Big Band de Carballo reciben hoxe en A Coruña os discos que gravaron
CARBALLO
A Banda Municipal de Música e a Big Band do conservatorio profesional de Carballo recibirán hoxe, no Teatro Colón de A Coruña (11.00 horas) os dous discos que gravaron recentemente co patrocinio da Deputación de A Coruña, a Fundación Paideia Galiza e o Concello de Carballo. O acto, ao que asistirán o presidente do organismo provincial, Salvador Fernández Moreda; a presidenta de Paideia, Rosalía Mera, e os responsables de Cultura da Deputación e do Concello carballés, Celestino Poza e Belén Lendoiro, comezará coa actuación da Big Band, que dirixe Miguel Suárez Barros, e o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol. Ademais dos grupos carballeses recibirán os seus cedés outras quince formacións de A Coruña, Boiro, Ortigueira e Ferrol que participaron no programa Outra + Outra , que lles permitiu gravar os seus temas nun estudo de son profesional, dotado coa máis moderna tecnoloxía. En total editaranse 17.000 cedés (mil por cada grupo musical) que abarcan estilos moi diversos, desde música tradicional galega, clásica, jazz ou pop.