Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Comedias, telefilmes e películas para nenos en toda a comarca

La Voz

CARBALLO

11 oct 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

A asociación de veciños Eduardo Pondal de Corme retoma mañá o seu ciclo de cine de humor coa película de aventuras Jumanji , dirixida por Joe Jonhson e protagonizada Robin Williams. Será ás 22.00 horas, na Casa do Mar.

Mañá tamén haberá sesión de cine no auditorio municipal de Cerceda (19.00 horas), onde poderá verse a película Colegas en el bosque , e no salón de actos do Concello de Cee (20.45 horas), onde continúa o programa Cinemas Dixitais coa proxección do telefilme Autopsia , producido por Aldea Films, dirixido por Javier Valiño, e protagonizado por Isabel Blanco, Luís Zahera e Lino Braxe.

Cinemas Dixitais tamén se está a celebrar no Concello de A Laracha, pero neste caso será o sábado o día da proxección. Neste caso, poderá verse (19.00 horas, Casa da Cultura) a película Mentíndolle á vida , un thriller psicolóxico que narra o conflito de dúas familias.