«O Aquapark de Cerceda é único, non existe unha instalación semellante en Galicia»

CARBALLO

O alcalde socialista de Cerceda fixo da súa localidade unha referencia no que en canto a ocio acuático se refire. Estableceu no polígono industrial do municipio un parque único en Galicia que se consolida paseniñamente como unha nova alternativa de turismo cada verán. -¿Cando tomou a decisión de apostar polo aquapark? -Sempre fun afeccionado aos parques acuáticos. Visitei algúns coa miña familia e decidimos establecer no ano 2000 un en Cerceda porque na nosa comunidade non existe unha instalación semellante. A nosa aposta tivo éxito. Cada verán visitan o parque uns 130.000 bañistas. -Unha iniciativa respectuosa co medio ambiente... -A nosa relación coa Sociedade Galega do Medio Ambiente, que ten en Cerceda o seu complexo medioambiental, é excelente. Sogama financiou a instalación dunha grande superficie de paneis solares que conta a auga e que fan a temperatura máis agradable para o baño. -¿Cando funciona? -Abriu onte. Chegar ata el é moi doado. Cerceda está localizada nun punto intermedio entre Carballo, Ordes e A Coruña e está sinalizado o polígono industrial onde se atopa.