«Cando quenta o sol, Corme parece Puerto Banús»

ramón rivera CARBALLO/LA VOZ

CARBALLO

14 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O actor cormelán Suso Lista pasou o anterior verán gravando a serie Para mariñeiros, nós, que emite V Televisión. «Case non daba tempo a vivilo, pero este ano tomámolo con máis calma», asegura. Lista é un home humilde e non se considera o máis famoso de Corme. Tamén asegura que non hai rivalidade co seu compañeiro de serie, Cobiñas, que é de Laxe. Di con rotundidade que ten grandes amigos na vila do outro lado da ría, pero recorda que, «segundo as malas linguas, Corme ten unha cousa mala: desde alí vese Laxe», di entre gargalladas. O bo é que «en Corme temos un microclima. É abrigado do nordés e cando quenta o sol isto parece Puerto Banús».

o verÁn de... SUSO LISTA

-Comida e bebida.

-Percebes do Roncudo e viño, como nos aprendían de pequenos.

-Praia favorita.

-Praia do Osmo (Corme).

-Non sae da casa sen...

-Chaves, teléfono, un caderno e un bolígrafo.

-O mellor e o peor do día.

-Os mellores son todos. O peor é erguerse da cama.

-¿Romarías ou verbenas?

-Gústame todo o que sexa festa. Non se entende unha romaría onde só vai se comer.

-Gasta pista con...

-El Tío Pío, de El Parga.

-No verán infórmase...

-O xornal, no bar, e Internet.

-A viaxe deste verán.

-A O Courel. Son de mar, pero gústame moito o bosque.