![](https://img.lavdg.com/sc/oxviZ_2N_3TvMkfrIoqATx42_2Q=/480x/2013/08/13/0012_201308C13C7F1jpg/Foto/C13C7F1.jpg)
Os autores locais teñen a maior representación en todos os postos
13 ago 2013 . Actualizado a las 07:00 h.O efecto Neira Vilas, sobre todo a partires da aclamada presentación que fixo o propio autor o domingo á tarde, está a ser a locomotora que tira das ventas na Feira do Libro de Cee. Xunto cos títulos de literatura infantís, as obras do académico Aquel neno (Embora) e Cancela aberta (Xerais), son de largo os títulos más demandados polo público, que se concentra maiormente nas horas que hai presentacións, firmas ou algunha actividade complementaria.
Segundo explican os libreiros, aínda que tamén teñen saída algunhas novidades editoriais foráneas, son os autores da Costa da Morte os que copan as exposicións das distintas casetas.
Así, Miro e Rafa Villar, Estevo Creus, as Crónicas de Carballo de Xan Fraga -que Brañas ofrece nunha colección especial cos catro tomos-, as guías de Xan Fernández Carrera, o primeiro libro de Rocío Leira e un longo etcétera son os títulos elixidos polos tendeiros para chamar aos visitantes. Entre todos eles, segundo explica Moncho Tasende, de Brañas, destaca a Costa do solpor de Xosé María Lema, presentada onte polo autor, e que en palabras do libreiro «vaise converter na novela da Costa da Morte», sobre todo pola cantidade de léxico propio que contén.
Do mesmo xeito, Miro Villar, que tamén estivo onte na feira e repite hoxe, considéraa un novela de aventuras «que invita a lectura», como lle ocorreu a el que xa a tivo antes de saíse publicada.
Entre todos os libreiros o que está a ter maior éxito, pola cantidade de autores que acoden á súa caseta a firmar -como onte pola tarde fixo o lugués José Estévez con Fugaz coincidencia- é o fisterrán Modesto Fraga, de Á lus do candil de Arteixo, que, entre outras moitas, tamén vende as obras propias aínda que lle dea algo de rubor amosalas.
Para el, a maior sorpresa da feira, porque co de Neira Vilas, co que mantén unha relación moi especial, xa contaba, está a ser Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández, porque se atopa tamén entre os títulos máis demandados xunto cos dos autores que veñen a Cee presentar as súas novidades.