A aldea que reúne todas as aldeas

CARBALLO

Xabier P. Docampo, Xosé María Varela e o fotógrafo Daniel Puente, onte antes do serán de expresión.
Xabier P. Docampo, Xosé María Varela e o fotógrafo Daniel Puente, onte antes do serán de expresión. casal< / span>

O Couto segue de celebración, hoxe cunha das súas xornadas grandes

17 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Na sede da fundación Eduardo Pondal, na Casa da Cura, faláballes onte Xabier P. Docampo aos mozos dos camiños e dos extravíos, de como atoparnos e de como aprender máis de nós a través da lectura e dos contos. Hai un camiño que leva ao Couto e que onte arrecendía a fiuncho e hai un camiño que O Couto emprendeu para non perderse nunca: o da reivindicación da aldea. Parecen actualmente nomes inseparables logo de tanto traballo, e este ano lévase á máxima potencia nas Festiletras. Para hoxe está prevista unha das actividades clave deste ano: o primeiro encontro de aldeas singulares, que se desenvolverá ao longo da mañá.

Onte a xornada marchou do máis animada, xa dende primeira hora e sendo os nenos -un milleiro deles- os protagonistas. Alfonso Blanco Torrado, Xelucho Abella, Diana Varela, Luís Giadás, Suso e Antonio de Xornes, Suso Lista e Mato Fondo tiveron o pracer de conducir a uns nenos falangueiros que coñeceron curiosidades e tamén lugares no caso dos roteiros. A Varela Puñal incluso lle fixeron propostas de rimas e con Mato Fondo puideron achegarse ao escritorio onde Eduardo Pondal teceu liñas. Con Giadás, os pequenos de Corme coñeceron Ponteceso e con Suso Lista, os de Ponteceso achegáronse a algúns segredos de Corme. O obradoiro de maios de Oli Xiráldez sacou aos rapaces á natureza. Isabel Risco e Xosé Touriñán triunfaron na noite.