O escritor vimiancés presenta ás 8 desta tarde a súa novela «Costa do Solpor» na Capela do Pilar de Corcubión
31 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.O presidente do Seminario de Estudos Comarcais, Xosé María Lema, presenta hoxe no Pilar a súa novela. Antes someteuse ao terceiro grao.
-¿Por que actividade humanitaria destacou o Rubio de Camelle?
-Destacou por atopar os lugares máis recónditos onde estaban os corpos de náufragos.
-¿Verbena ou foliada?
-Foliada, non no sentido pirata que xa sabes como rematan...
-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?
-Sendo coautor do primeiro libro dos faros da Costa da Morte xunto con Manolo Vilar... O Vilán, claro. En 1896.
-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?
-A tixola non. Pero hai dous días, unha churrascada.
-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?
-En tempos era o trigo, pero agora déuselle pola pataca.
-¿Un defecto?
-Teño de todo. Son caprichoso, perfeccionista...
-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?
-Touriñán supera en 9º 18? 2?? ao Fisterra.
-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?
-O da Virxe da Barca. Pero eu penso que moitos templos e catedrais tamén co que gañan ingresando. Que aproveiten os cartos en comprar alarmas para que non rouben tanto nas igrexas.
-¿Que libro está lendo agora?
-Un dos últimos foi Fisterra, perla do Occidente de Modesto Fraga.
-¿Que dous lugares do concello de Zas teñen nome de hortaliza?
-O Allo e A Cebola.
-¿Onde morreu Fernando Blanco?
-En Cuba.
-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?
-Máis de cen.
-¿Praia téxtil ou nudista?
-Téxtil, teño pouco que ensinar.
-¿Quen foi Evaristo Martelo?
-Foi señor do castelo de Vimianzo entre o XIX e o XX, que o inspirou para os seus versos.
-¿Churrascada ou sardiñada?
-Prefiro a churrascada, manchas menos os dedos.
-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?
-A do Prestige. Cando un traballa toda a vida nalgo e de repente todo se perde, pois...
-¿Mar ou río?
-Os dous. Teño bo recordo da zona da Camposa na Piroga, onde aprendín a nadar.
-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?
-O Mexillón.
-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?
-Pódese iniciar o camiño en calquera dos dous.