Cova Céltica con autores e creadores da comarca nunha tarde de Simposio Pondaliano

La Voz

CARBALLO

16 nov 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Seguramente se terán feito ben poucas imaxes coma esta, aglutinando ao boa parte do activo literario e creativo da Costa da Morte. Na fotografía están a inmensa maioría dos escritores (algún ilustrador tamén) que onte participaron na Cova Céltica programada como parte do Simposio Pondaliano. Tomaron a palabra (unha, varias e tamén moitas) e fixeron da do Couto unha tarde moi literaria. Está vivo o mundo cultural desta comarca con Suso Baamonde, Concha Blanco, Pepe Blanco Alborés, Cabeza Quiles, Xabier Maceiras, Fernando Patricio Cortizo, Xan Fernández, Xosé Iglesias, Xosé María Lema, Suso Lista, Ramón Vilar, Carmen Muñoz, Modesto Fraga, Rosalía Fernández, Xosé Antonio Andrade, Mercedes Queixas, Miguel Anxo Calvo, Rafael Lema, Gabriel Varela, Cristina Castro, Farruco Graña, Mon Lendoiro, Paco Souto, Milagros Cotelo...