![](https://img.lavdg.com/sc/YWADAIWWvkkvF5CGvuWdZKcFSsU=/480x/2015/11/19/00121447971841973150528/Foto/.jpg)
Xabier Díaz e Guillerme Fernández volveron a levar a Carballo os seus obradoiros de arrolos
20 nov 2015 . Actualizado a las 05:00 h.O paso de Xabier Díaz e de Guillerme Fernández por Carballo cos seus obradoiros de arrolos xa é algo agardado por moitos, case unha tradición. Pais e nais están á espreita destas actividades que poden compartir cos seus pequenos, neste caso dentro do chamado programa Apego. Así volveu acontecer onte, con moi boa asistencia. Entre o público, unha parella recén estreada na crianza, a integrada polo escritor fisterrán Modesto Fraga Moure e a arteixá Alba Rodríguez Fraga. Xuntos rexentan a libraría Á lus do candil, precisamente en Arteixo. Hai nada, cousa dun mes, tiveron unha pequena, Sara, e con ela viñeron onte ata Carballo para gozar e aprender cos arrolos e a música de Xabier e Guillerme. Están vivindo, recoñecen, unha sensación única. Parabéns e moita poesía para a pequena Sara e os seus pais.