Os primeiros Bos e Xenerosos se celebraron no 2009
06 abr 2016 . Actualizado a las 05:00 h.No mes das Letras Galegas chegará tamén o acto de entrega destes Premios Bos e Xenerosos. Será o domingo, 15 de maio, en horario de mañá, na sede da Fundación Eduardo Pondal, na Aldea do Couto. Isabel Blanco, Carlos Núñez e Fina Casalderrey completan unha lista xa moi extensa de Bos e Xenerosos. Os primeiros, no ano 2009, foron Isaac Díaz Pardo, Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, un dos habituais desta festa ao que se botará moito en falta nesta edición. No 2010, os galardóns recaeron en Bernardino Graña, Avelino Pousa e Francisco Fernández del Riego. Xesús Alonso Montero, Antía Cal e Xosé González foron os premiados no 2011, e a eles sumaríanse no 2012 Xosé Pumar Gándara, Uxía Blanco e O Mago Antón. A Fundación outorgoulle este recoñecemento no 2013 a Mercedes Peón, Xosé Vizoso e Víctor Freixanes e, no 2014, a Dolores Vilavedra, Susana Seivane, Felipe Senén e Roi Casal. Tamén foron catro no ano 2015: Ángel Carracedo, Guadi Galego, Margarita Ledo e o ilustrador Siro López.