Se alguén chega a preguntar polo grupo que lidera o BNI en España ninguén situaría a nosa rexión xeográfica no mapa. Hoxe en día, podemos presumir de facelo. Hai uns días, celebrouse o primeiro encontro postcovid desta entidade de maneira presencial, logo dunha época onde se souberon adaptar con celeridade ás videoconferencias online semana tras semana.
O modelo de cooperativismo instaurando en América por Ivan Misner funciona na Costa da Morte, é un feito refutado. Dende hai catro anos e con 103 empresas vinculadas de sectores moi variados, refuta a xeración de emprego, a riqueza da zona e, por suposto, a responsabilidade social corporativa das empresas co seu entorno. Algo imprescindible no mundo global no que vivimos.
A xornada tivo un compoñente empresarial grande pero tamén reivindicativo. Para continuar medrando, é precisa unha aposta polo rural, deixar que isto non sexa unha penalización, senón máis ben un aliciente. Para iso, é fundamental conseguir ás melloras da autovía prologada ata Berdoias así como acadar oferta en Formación Profesional nos nosos concellos, acorde ás necesidades reais do mercado laboral actual.
Eu teño a sorte de traballar nunha empresa que leva moitos anos co seu xerente adherido a este grupo que traballa dende o colectivismo. Sei ben das persoas que se encontran detrás desta asociación. Homes e mulleres traballadores, emprendedores, cheos de ilusión non só por facer medrar os seus negocios, tamén por ver mellorados os seus concellos, dándolle emprego a veciños e veciñas. Curiosamente ese é o principal valor do BNI en esencia, o Givers Gain: estar disposto a dar primeiro, antes de esperar gañar, creando oportunidades importantes e relacións duradeiras.