Setenta inscritos na Escola de Inverno da Fundación Pondal

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

A entidade volve poñer en marcha esta iniciativa dentro do Espazo Educar. Actividades dende o 23 de decembro

20 dic 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Eduardo Pondal volverá ofrecer, un ano máis, e dentro do programa do Espazo Educar, a chamada Escola de Inverno. É unha proposta para nenos de 3 a 12 anos. Para a súa atención formouse un equipo de 6 monitoras e un monitor xa coñecidos dos campamentos feitos pola entidade: son Alba Bermúdez, Ana Méndez, Belén Pose, David Pérez, Laura Lema, Paula Blanco e Paula Mato. A Escola de Inverno, vía ademais de conciliación, incluirá actividades dende o 23 de decembro ata o 5 de xaneiro. Xa hai setenta inscritos, que se distribuirán en cinco grupos de catorce integrantes.

Durante eses días de Nadal realizaranse dinámicas integradas no contexto rural, como poden ser os cantos pola aldea ou a tradicional carreira de San Silvestre. Este ano, indica a organización, as familias terán un grande papel, en tanto que durante unha xornada os nenos transformaranse en elfos e doarán xoguetes a aqueles que máis o precisen. Entre as novidades, doutro lado, a presentación da obra A Hortiña, escrita e representada polo actor Yago Espasandín.

As relacións interxeracionais son un dos puntos máis destacados das iniciativas pondalianas. Neste senso, terán os nenos dúas mascotas, Juanito e Pancracio, polos coidados por unha avoa.