Fundación Juana de Vega e Fundación Pondal colaboran na iniciativa, prevista para este sábado, no Couto
06 jul 2022 . Actualizado a las 16:11 h.
Fundación Eduardo Pondal e La Voz de Galicia, co impulso da Fundación Juana de Vega, volven promover un novo foro que pulsará o potencial do rural a través de diversas experiencias de éxito. O encontro está previsto para este sábado, 9 de xullo, de 09.30 a 11.30 horass, na sede da fundación pondaliana, no aldea do Couto.
Lois García Carballido, presidente da entidade pontecesá, será o encargado de darlle a benvida aos presentes, xunto co conselleiro de Medio Rural, José González. Tomará o relevo Beatriz Suárez Sánchez, representación da fundación Juana de Vega, pulsando o apoio ao emprendemento rural. Luis García, director da EFA Fonteboa de Coristanco, abordará a importancia da formación na procura dese futuro desexado, o clave que é a preparación para facer fronte aos retos.
Dende Dumbría, Daniel Canosa Blanco, contará o proceso da Sociedade de Fomento Forestal (Sofor) Monte de Vilar (Olveira). Lucía Calvo Marrozos, dende Coristanco, exporá a súa experiencia co proxecto A Despensa d’Lujo, produtos da terra que chegan á máis alta cociña e recoñecemento. Dende Santa Comba chegará Regina Muñiz para amosar o proxecto Villa Regina, e dende Fornelos (Baio) abordará Felipe Allo o mundo da produción ecolóxica ao amparo do Colectivo Xebre. Tamén dende Zas ofrecerá a súa visión e traxectoria José Manuel Garrido Caamaño, criador de cachenas, cunha explotación en Sobreira, na parroquia de Gándara. Por tanto, múltiples aristas de iniciativas enraizadas na querenza da terra.