«O motivo da marcha non ten nada que ver cos resultados e así llo expliquei aos xogadores»

CARBALLO

Rubén García dimitió, para sorpresa de muchos, este jueves como entrenador del Laracha
03 dic 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Rubén García segue vinculado ao Laracha. Agora estao, unicamente, polo seu cometido como coordinador da canteira despois de dimitir por sorpresa o pasado xoves. Chegou polo verán, tras un triunfante ano no Suevos e armou un equipo á súa medida, con xogadores xa ben coñecidos polo ceense. De aí, que a súa marcha creara tanto desconcerto, aínda que parece que ten máis que ver coa deixadez da directiva.
—Como está?
—Descontento porque era o meu primeiro gran reto tras a experiencia do Suevos. Cheguei aquí con toda a ilusión do mundo porque é un club que levaba 30 anos entre Preferente e Terceira. Pero cando estás dentro daste conta de que, para volver a ser un equipo desas dimensións, necesita un gran impulso e cambiar moitas cousas.
—Deixa un vestiario no que era moi querido.
—Un gran vestiario, do que me despedín o martes explicándolles que nada tiña que ver a miña marcha cos últimos resultados —levan sete partidos sen gañar—. Non obstante, estou seguro de que o grupo está capacitado para levantar esta situación e chegar a máis arriba porque é un equipo de gran nivel que tivo mala sorte nas últimas semanas.
—Que consello lle dá a David?
—Chamoume e xa falamos. Coñecémonos ben porque coincidimos primeiro xogando e logo nos bancos. Creo que ten moitas ganas de adestrar e iso é o ideal, pero as lesións poden limitar o rendemento do club.