Walter Pardo, PSOE de Malpica: «A moción da vergonza vailles pasar factura»

f. rodríguez / C. Viu CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Walter Pardo, exalcalde
Walter Pardo, exalcalde BASILIO BELLO

A carreira electoral | O exalcalde socialista di que o programa electoral inclúe os proxectos que non puideron facer nos últimos dous anos

16 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Walter Pardo (1978) arrancaba o mandato pasado como alcalde de Malpica e rematábao na oposición. Será a segunda vez que se presenta á eleccións polo PSOE.

—Como viu o desenvolvemento do mandato?

—Cando formamos o tripartito, o primeiro ano foi mirar o que hai no Concello, expedientes en trámite, a economía, como está o persoal e sobre todo aterrar e ir gobernando o barco que tes e saber a onde o podes levar. Veu unha pandemia, foi un desastre, non se sabía como gobernar, pero seguimos traballando ata que veu a moción, que é unha ferramenta política, moi válida, pero penso que debería de usarse para saber se un goberno está a cometer unha ilegalidade ou se está a facer algo moi grave. A nós, a que nos fixeron, ademais de ser un texto descargado de internet, estaba en castelán, foi por cuestións partidistas e persoais dos que a fixeron. Dixeron que era por inacción do goberno, pero iso teno que xulgar o pobo cada catro anos.

—Que posibilidades de pacto existen agora?

—Teño moi claro, clarísimo. Eu son de sangue. Meu avó paterno é de Leiloio e miña avoa materna é Carme de Corme. Ningún sigue con nós, pero o que me coñece e os coñeceron sabe o que hai. Con iso digo todo.

—O obxectivo cal é?

—Retomar a alcaldía, porque está claro que o Concello de Malpica no convivir está totalmente desorganizado, gastado. Os veciños tanto do casco urbano como das parroquias estano vendo. Este goberno ten concelleiros que cada un fai o que quere, uns polos outros e está a casa sen varrer e a moción da vergonza vailles pasar factura. O noso obxectivo é acadar a alcaldía, pero fortes, porque Malpica merece máis. Temos que ser valentes, o voto é secreto e temos que cambiar o rumbo a este concello. A única proposta válida e alternativa para o futuro de Malpica é o equipo que teño a sorte de encabezar.

—Como pode repercutir que haxa cinco partidos?

—Non sei. En teoría Vox tería que collerlle votos ao PP, o que lles influiría de xeito negativo, pero quen me dera ser futurólogo.

—Cómo valora o feito?

—Cando estivemos no goberno fixemos sempre propostas aos nosos socios para mellorar a calidade de vida dos veciños. Quedou o plan director do saneamento feito, unha auditoría enerxética totalmente feita, iniciativas en patrimonio, como a da croa do castro, mellora a contorna do río de Va e outras cousas que eran necesarias, pero quedaron moitas pendentes cando nos botaron fóra. Fixemos unha oposición construtiva como fixemos un goberno construtivo.

—Que levan no programa?

—Moitas das cousas que xa estaban hai catro anos porque cortáronnos o traballo pola metade. Imos continuar.

A lista

1. Walter Pardo Añón

2. José Ángel Garrido Suárez

3. María Manuela Álvarez Rey

4. Sergio Manuel García Villar

5. Belén López Pérez

6. Manuel Piña Martínez

7. Adrián Blas Cambón

8. Adrián Suárez Rojo

9. María del Carmen Regueira Trigo

10. Natalia Suárez Garrido

11. Ana Vanessa Andrés Rodríguez

12. María Oliva García Varela

13. Francisco Luis Abella Cruz

Suplentes

1. Ana María Medeiros Iglesias

2.. Mercedes Martelo Mesura

3. Alberto Luis Pose Gómez

4. José Souto Álvarez

Preferencias

  • A que hora se ergue? Ás 7
  • Que almorza? Café
  • Prato preferido Sardiñas asadas
  • Que non comería? Caracois
  • Bebida preferida Cervexa sen gluten
  • Equipo de fútbol O Real Madrid
  • Que coche ten? Golf
  • Unha afección Tocar o bombo
  • Un lugar O mirador de San Adrián
  • Unha rede social Facebook e Instagram

Artes e letras

  • Escritora, escritor favorito Non teño
  • Último libro que leu Aquela xente digna, de Héctor Pose
  • Última película que viu Camino de la venganza
  • Un artista A tropa dos Pardo
  • Un actor Santi Romay
  • Unha actriz Charlize Theron
  • Un cantante M-Clan
  • Tipo de música Española e galega
  • Deporte que practica Andar, tenis e pádel
  • Unha viaxe pendente Appenzell

Recibe cada tarde en tu correo la newsletter Elecciones 28M con el adelanto en exclusiva de la encuesta de Sondaxe para La Voz y el resumen diario de la campaña en Galicia. Si todavía no eres suscriptor, suscríbete por solo 2€/mes.