O ceense despide o 2023 cuns versos de Gameleiros e unha imaxe de Manuel Álvarez
31 dic 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Chegan estes días mensaxes de felicitación do novo ano, algunhas cargadas de identidade. É o caso da escrita polo poeta ceense Miro Villar, que emprega para ilo un poema, Carioca, do seu libro Gameleiros (Xerais, 2002), xa descatalogado. «Estamos a lle poñer o ramo a este ano que, máis unha vez, andou entre as luces e as sombras. Precisamos máis os abrazos cálidos, a comprensión e a paz, e menos as armas do xenocidio. E todos os desazos deviren azos de esperanza. Moita saúde, moita poesía e moita felicidade», desexa. Bota man dunha fotografía de Manuel Álvarez para acompañar os seus versos, tamén como memoria de dous mariñeiros finados este ano, Carioca e Pólvera. Memoria, ademais, das vítimas gazatís, para quen elixe os versos derradeiros de Heba Abu Nada, masacrada polo sionismo.