Os institutos Maximino Romero e Parga Pondal promoven sendas semanas da cultura e da música

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Ambas iniciativas arrancan este luns en Baio e Carballo

13 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Os institutos Maximino Romero Lema de Baio e Parga Pondal de Carballo promoven sendas semanas dedicadas á cultura e á música. O centro baiés titula a súa iniciativa Construíndo cultura, creando sociedade. É en realidade a súa XVIII Semana Cultural.

Entre os días 13 e 16, e «amparados pola calor e a luz da homenaxe que se proxecta sobre Luísa Villalta, unha muller comprometida con case todas as nosas artes», haberá propostas sobre literatura, con Rosalía Fernández Rial; arte de libros dobrados, con Elena Caamaño; música, con un concerto de Alana Folk; danza, co grupo Mavedeus; teatro, con Ghazafellos; valoración do corpo, con Bal Castro e Inés Santos; fotografía, con Jesús Pérez, Andrés García e Carla Andrade; xogos creativos, Paulo Osario, Makei Makei; deporte, con Aprende a través do surfing, e unha visita aos pazos de Zas.

Verónica Couto abordará a igualdade; Rocío Cadahía, o racismo, e Maika Cousillas, de Quérote+ a diversidade sexual, entre outras iniciativas.

No instituto Parga Pondal celebran a VI Semana da Música. Hoxe contan coa presenza de Alba Alonso, que ensinará aos alumnos a facer rítmicas con botes de pintura. Hadrián García e David Puñal ensinarán ao alumnado a tocar instrumentos tradicionais.