O traballo de Alba Sánchez Ares foi un dos máis valorados polo xurado. Convocan o concurso Biblioteca Provincial e Turismo da Deputación
15 nov 2024 . Actualizado a las 23:54 h.A 12.ª edición do concurso #HoxeEscriboEn Relatos, convocado pola Biblioteca Provincial e o departamento de Turismo da Deputación, xa ten gañadores. No podio, xunto con Mónica Rodríguez, de Cariño, e María Arcos, de Rianxo, hai un terceiro posto para unha fisterrá, Alba Sánchez Ares. Escribiu Radio Fin da Terra, segundo o xurado, «un microrrelato con ironía e humor ambientado en Fisterra, un traballo da fin da terra orixinal e cunha adaptación da historia local». Foron 126 os traballos candidatos, chegados dende 45 concellos da provincia, e entre eles tivo que elixir un xurado presidido polo vicepresidente e titular de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, e integrado polas vogais Maite Loureiro, xefa de Servizo de Turismo; Paula Cabado, técnica de Turismo; e Patricia Cernadas, especialista en literatura. Exerceu como secretaría María Lema, técnica da Biblioteca Provincial.
Ademais da noite para dúas persoas que terán os vencedores nun establecemento da provincia, sortearanse 30 lotes de produtos gastronómicos entre os textos mellor valorados.