![](https://img.lavdg.com/sc/jsq21s3YvbMI6SbJdf0Wt2cqT7M=/480x/2025/01/21/00121737480362106261639/Foto/CE22C8F2_182446.jpg)
A directora xeral Judith Fernández coñeceu este martes a Fina Paulos e Óscar Rey, docentes no instituto de Baio
22 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Fina Paulos e Óscar Rey continúan atraendo miradas logo de ter publicado, a finais do 2024, o que oficialmente xa está considerado «o primeiro manual escolar galego sobre intelixencia artificial». Así se pronunciou este martes a Xunta en referencia a Intelixencia artificial para a sociedade, durante a visita feita pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, ao instituto Maximino Romero de Lema de Baio, onde Paulos e Rey exercen a docencia. Gabou ela a súa «aposta pola innovación educativa» e cos protagonistas puido afondar nos detalles do manual «e na súa utilidade para abordar un enfoque responsable das posibilidades da intelixencia artificial».
En consonancia con esta idea, Fernández incidiu en que a necesidade de fomentar un uso axeitado da nova ferramenta desde a escola foi o que impulsou ao Goberno galego a poñer en marcha materias en cuarto da ESO e primeiro de bacharelato que, no seu segundo curso de implantación, xa teñen máis de 3.000 matriculados. Fina e Óscar fan accesible a toda a sociedade o campo da intelixencia artificial, con teoría e práctica. Editou o traballo Medulia.