Arte, teatro, baile e algo máis para este domingo na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

A 26 de xaneiro son varias as propostas: de Carballo a Cerceda, pasando tamén por Malpica

26 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Domingo 26 de xaneiro e varias propostas para gozar a cuberto na Costa da Morte

Carballo • Acolle o estudo Garabato ás 13.30 a inauguración da exposición Metamorfose, creacións da autoría da coristanquesa Isabel Soutullo. Esta mostra abrirá un novo ano de exposicións na galería carballesa, e suporá para Soutullo, doutro lado, retornar a un espazo onde fixo as súas primeiras mostras. Isabel, autodidacta, é membro do grupo Galeoska. Acceso libre e de balde.

Cances (Carballo) • A asociación cultural San Campio de Cances ten prevista hoxe una asemblea ordinaria no local social (18.00 horas). Gastos e ingresos deste curso, actividades realizadas, orzamento de cara a próximas cita e iniciativas en marcha serán algunhas das cuestións a abordar, ademais da renovación da xunta directiva da entidade.

MalpicaDiversión, baile e música en directo. Iso é o que anuncia o Concello de Malpica para esta tarde de domingo, no seu horario habitual. Actúa Mar de Caión.

Carballo • Cita tamén co baile. Nova proposta para os maiores, da man da concellaría de Terceira Idade. Aqueles que queiran pasar unha tarde animada non teñen máis que dirixirse á segunda planta do mercado municipal, entre as 18.00 e as 21.00 horas. Todo un punto de encontro para os máis veteranos, que neste 26 de xaneiro será animado pola música en directo do dúo Marineda. Con acceso libre.

CercedaTarde para disfrutar en familia, de novo a través do teatro. Pérez & Fernández é a compañía convidada de hoxe, e traerán ao auditorio municipal o espectáculo Rosa e azul. Será ás 12.00 horas, con acceso de balde. A obra chega a Cerceda a través do programa dinamizARTj, iniciativa do Instituto para a Transición Xusta que pretende xerar unha oferta cultural ampla nos municipios afectados por peche de instalacións. Rosa e azul, a proposta de Victoria Pérez e Manu Fernández, xira en torno á igualdade e á diversidade.