
Axenda diaria | En Carballo segue o ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta. Non é a única cita do día na capital de Bergantiños
13 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Xoves 13 de febreiro, e así vén a xornada na Costa da Morte:
Carballo • Cuarta sesión do ciclo de cine euroárabe Amal en Ruta. No Pazo da Cultura, ás 20.00 horas, poderase ver To a land unknown, unha ficción que narra o plan de dous curmáns palestinos para saír de Atenas e conseguir unha mellor vida en Alemaña. Dirixe o cineasta palestino Mahdi Fleifel: serán 105 minutos. Acceso libre e de balde.
Carballo • Avanzan as propostas do Servizo de Normalización Lingüística, e hoxe botan a andar os obradoiros de poesía dirixidos a nenos e nenas de segundo curso de primaria, impartidos por Antía Otero e Dores Tembrás, do proxecto literario Apiario. Farán parada nos colexios Nétoma-Razo e Fogar. Tamén hoxe se fará a primeira ruta-obradoiro de microtoponimia guiada por Fernando Cabeza Quiles, con participación de alumnado do Monte Neme.
Carballo • Febreiro de música da man do Conservatorio. Se o sábado pasado foron bandas sonoras, hoxe será a quenda dunha audición de trompa: ás 19.00 horas, no Pazo da Cultura.
A Laracha • Nova oportunidade para a doazón de sangue, hoxe. Unha unidade móbil prestará servizo na Praza do Concello entre as 16.00 e as 21.00 horas.
Carballo • Funciona a ludoteca de Un Paso Máis, na Escola de Arrabaldes, entre as 17.00 e as 19.00 horas. Máis información no correo unpasomais@gmail.com.
Laxe • Último día para inscribirse na segunda edición do Certame de Escaparates Namoradeiros convocado polo Concello en torno ao Día de San Valentín (mañá). Entre o 14 e o 16 será o tempo para as votacións.
Ponteceso • A oficina móbil de Retorno da Xunta de Galicia fará parada esta mañá na Praza do Recheo de Ponteceso: de 09.00 a 14.00. Para garantir a atención, recoméndase pedir cita previa mediante a ligazón facilitada. Esta mesma oficina irá mañá a Muxía.
La campaña Galicia sabe Amar llega a dos centros educativos
Una de las «foodtrucks» de la iniciativa autonómica Galicia sabe Amar acercará hoy el sabor de las rías al colegio de Bormoio-A Agualada (de 11.30 a 13.15) y Canosa-Rus (de 14.00 a 15.40). Es una campaña de la Xunta para, a través de petiscos, animar a la ciudadanía a consumir productos del mar, impulsar su venta y poner en valor los profesionales de la pesca y el marisqueo.