Sábado ben completo na Costa da Morte: as citas da axenda

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Música, debate de actualidade, festa infantil, baile, portas abertas nas Casas do maior... vén variada a xornada

15 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Sábado 15 de febreiro, e ademais do espectáculo Na cerna do son en Cee —ver esta entrevista—, estas outras propostas hoxe na Costa da Morte:

Carballo • Volve á biblioteca Rego da Balsa o ciclo Curruncho Pop, unha simbiose de música e literatura. A primeira parada será hoxe, ás 20.00 horas, co concerto de Alberto Montero. Chega o valenciano con banda para presentar o seu novo disco, Ciudad dormida, no único concerto que ofrecerá este ano en Galicia.

MalpicaA asociación cultural e deportiva Mallas de Area promove para as 18.00 horas, no centro cívico, a primeira edición dun Foro de Actualidade no que tomarán parte os xornalistas Esther Palomera, Ana Pardo de Vera e Jesús Cintora, ademais do escritor e crítico literario Juan Manuel de Prada. Modera Anxo Pérez. Un encontro «distendido, dende a pluralidade e a concordia», avanzan. Acceso libre e gratuíto ata completar o aforo.

DumbríaXornadas de portas abertas nas dúas Casas do Maior que se estrean neste municipio, no local social de Ponte Olveira e no edificio Bitácora do Ézaro. No primeiro punto, ás 11.00 horas; no segundo, ás 13.00. Con acceso libre e de balde.

Carballo • Promoveu para hoxe o Casino de Carballo un obradoiro de kuduro/afrohouse, a cargo de Geni Muxima: de 10.00 a 12.00. No Espazo de Natureza de Oza, Conversas do Rural de Senda Nova, con José Queijas e José Liñares, membros da Asociación Galega de Castañas e Soutos: 19.00.

VimianzoÁs 19.00 horas, na Casa da Cultura, apertura da exposición O soño dun neno, de Luís Lista Cancela.

Zas • Sesión de baile no centro sociocultural, de 19.00 a 22.00, co dúo Mar Dávila.

LaxeFesta de xogos para os máis pequenos, de 16.30 a 21.30, no pavillón. Debuxo e coloreado, xogos de mesa, música, baile, merenda... É esta unha iniciativa do alumnado de cuarto da ESO, en colaboración co Concello, con entrada a 2,50 por pequeno.