Un morto que enche salas de xente e risas

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Sen Tempo Teatro ten outra cita no horizonte con esta obra: o sábado 5 de abril, en Buño

28 mar 2025 . Actualizado a las 23:51 h.

O vindeiro sábado 5 de abril será o último pase da xira actual de Sen Tempo Teatro coa súa obra A voltas co morto. Ofrecerano en Buño, promovido pola asociación O Quinteiro, e chegarán a el con boísimos precedentes. Estrearon A voltas co morto en xullo do 2024 na casa, en Baio, e dende entón pasaron por vilas como Laraño, Zas, A Mata, O Couto ou Coristanco. Hai nada, a pasada fin de semana, fixeron o propio no auditorio municipal de Cabana. «A de Buño será a última desta xira, tiñamos outras solicitudes, pero non podemos, porque estreamos a nova [obra] o 31 de maio», explican dende Sen Tempo Teatro, o grupo de adultos da Escola Municipal de Teatro de Zas.

BASILIO BELLO

A voltas co morto conseguiu encher os locais de A Mata e tamén do Couto e Coristanco: «Moitas risas e participación incluso do público nalgún momento». O segredo deste humor que tanto chega ben pode estar no feito de ser «unha familia teatreira», esa é a maxia. A dramaturxia é xa un cordón umbilical entre os participantes que se encarga de fortalecer, en obras coma esta, Pablo Soto, Pibe. Tivo como colaboradora en luces e adaptación de A voltas co morto a María Teresa Lema Pose.