Adiada a cita co Proxecto Ríos na carballeira baiesa

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Estaba prevista para hoxe, mais o mal tempo previsto obriga a cambiala de data

02 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A xornada de portas abertas prevista para mañá na carballeira de Baio de cara a presentar o programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos queda adiada debido ás malas condicións de tempo que se prevén. A velada, coordinada por Adega e baixo o lema Proxecto Ríos: súmate á corrente!, incluía actividades entre as 10.30 e as 13.30 horas. Informará o Concello de Zas da nova data que se fixe.