De María Faltri a Leilía e máis para este mércores na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

XOAN A. SOLER

As Letras Galegas capitalizan xa boa parte da axenda destes días na comarca 

07 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A proximidade das Letras Galegas vai capitalizando as propostas da axenda cultural na Costa da Morte. Algunhas citas para hoxe:

Carballo • A programación deseñada polo Concello avanza esta semana con diferentes formatos, entre eles unha proposta divulgativa que visita os centros de primaria do municipio. Trátase do espectáculo Coa pandeireta na man, de María Faltri, que logo de pasar polos colexios de Razo e Sofán, así como polo CEIP Bergantiños e Xesús San Luís Romero, chegará este mércores ao CEIP Fogar (10.00), ao CEIP A Cristina (12.00) e ao Canosa-Rus (15.30). Con el o alumnado pode achegarse á riqueza da música tradicional galega e á importancia do patrimonio oral, a través da figura das cantareiras.

MalpicaNa intensísima programación do Concello de Malpica nestas Letras destaca hoxe a dotación da biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor e as dos centros escolares, así como as asociacións, de publicacións arredor das cantareiras. Na biblioteca municipal pode verse xa, doutro lado, a mostra Canta que cadramos ben.

CeeAlumnado de quinto e sexto de primaria dos colexios do municipio acudirán hoxe ao auditorio Baldomero Cores á presentación do libro Cantareiras, de Xosé Manuel e Icía Varela. Ás 11.30 horas.

VimianzoFelisa e Montse, dúas das fundadoras do histórico grupo de pandeireteiras Leilía, pasarán hoxe co espectáculo Axudádeme a cantar por Vimianzo: 11.00, no auditorio, para público escolar.