
Presentou ao certame o traballo Asfixia. Clara é nacida en Verín, e xa ten ampla traxectoria
17 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A sétima edición do Premio de Poesía Eduardo Pondal, convocado pola editorial Medulia, xa ten obra gañadora. Logo do debate do xurado e unha vez aberta a plica, o traballo elixido resultou ser Asfixia, de Clara Martín, presentado baixo o seudónimo de Isué Ajrú. Nacida en Verín, Clara é poeta e artista plástica, e xa foi galardoada anteriormente con múltiples premios literarios. É ademais autora de diferentes publicacións, en xéneros como o teatro, o relato curto ou mesmo o colaxismo. Sobre Asfixia, apuntan dende Medulia que «conxuga unha perfecta composición global do conxunto de poemas, concibidos como un todo, sen perxuízo de que cada un dos textos teña entidade, singularidade e sentido propios». Destaca o xurado a cantidade e calidade dos manuscritos que se presentaron.