Graduación o Día das Letras no Maximino Romero de Baio

C. Viu CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Damian Varela

O Abaladoiro | Houbo agasallos, risas e algunha bágoa

18 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta e catro alumnos de bacharelato do instituto Maximinio Romero de Lema de Baio celebraron onte, Día das Letras Galegas, a festa da súa graduación. Noa Espasandín e Álex Muíño foron os encargados de conducir o acto e Claudia Lema e Miguel Vázquez ofreceron anécdotas e vivenzas nos seus discursos de despedida. Foi unha celebración moi emotiva, festiva e alegra por un lado, pero tamén triste pola despedida. Da música encargáronse Noa Espasandín e Alba Mourelle. Houbo agasallos, risas e algunha bágoa. Remataron a celebración no centro cuns pinchiños de confraternidade.