Paseniño estreará campamento de verán inclusivo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Será posible levar a cabo a iniciativa grazas a unha axuda de Caixabank en Cee

04 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Por vez primeira, a asociación sen ánimo de lucro Paseniño, que traballa con familias de nenos con necesidades educativas especiais, poderá levar a cabo un campamento de verán inclusivo. Será posible cunha axuda da oficina de Caixabank en Cee. Estará aberto a nenos con ou sen diversidade e farase en distintos puntos da comarca. En breve divulgarán datas, actividades e xeito de inscrición. «A programación parte das demandas das familias e dos intereses dos nenos e nenas, e incluirá propostas de carácter deportivo, artístico, cultural e de contacto coa natureza. Ademais, organizaranse xornadas de convivencia e actividades comunitarias pensadas para reforzar o benestar emocional, a socialización e a autonomía persoal», detallaron.