Arte, divulgación e algo máis para este xoves na Costa da Morte 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A exposición do certame Luis Ksado abre hoxe en Corcubión. Na imaxe, en Carballo
A exposición do certame Luis Ksado abre hoxe en Corcubión. Na imaxe, en Carballo

Axenda diaria | Carballo, Corcubión, A Laracha ou Vimianzo acollen citas este 12 de xuño

12 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Xoves 12 de xuño e intenso día que vén por diante na Costa da Morte:

Carballo • A parroquia de Carballo dará por clausurado esta tarde (20.30, salón parroquial) o curso 2024/2025. O programa do encontro inclúe memoria do feito, intervención de autoridades, entrega da Medalla da Parroquia aos voluntarios do Programa de apoio educativo Bo Samaritano e a entrega de diplomas dos cursos formativos que se promoveron.

Tamén hoxe en Carballo, pero ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura, inaugurarase unha mostra colectiva de artistas vinculados ao municipio, incluída na conta atrás cara o San Xoán. Leva por título A etérea fraxilidade humana, con creacións de Milagros Cotelo, Cristina Castro, Isabel Soutullo, XMÑ, Loli España, Jesús ArtÉxtasis e Mon Lendoiro. Ademais de obras individuais, a exposición conta con instalacións colectivas e poemas de Rosalía Fernández, Modesto Fraga, Xaquín Silva, Pura Tejelo e Jesus ArtÉxtasis. Amenizará Susana de Lorenzo, soprano. Acceso libre: promove a área de Cultura.

CorcubiónÉnchese de vida dende hoxe a Casa da Cultura Plácido Castro del Río, que ata o 1 de xullo acolle a exposición de obras seleccionadas para o Premio de Fotografía Luís Ksado da Deputación da Coruña. Venres e sábado haberá teatro ás 20.00 horas e, o sábado, a presentación mensual de libro, neste caso Brincadeiras poéticas (12.00 do mediodía).

VimianzoÁs 12.00 horas, no castelo, inauguración da Exposición didáctica de traxes tradicionais galegos, da asociación Amigos do Liño, presidida por Carme Riveiro. Integran esta mostra pezas de Susana Peleteiro.

CoristancoFestexarán este 13 de xuño por San Antonio, e como se vén facendo na véspera estes anos, haberá hoxe por tanto procesión de antorchas: 22.00 horas.

A LarachaContinúan as xornadas do programa Consumo en ruta: coñece os teus dereitos. A sesión de hoxe (19.00 horas, Casa da Cultura) irá en torno aos subministros do fogar. Acceso libre.

CercedaAcolle a sala Neira Vilas da biblioteca de Cerceda, ata o día 20, a exposición de Lego Xogar, xogar e volta a xogar. De 15.00 a 20.00.