«Somos Pandeireteiras» chegou ao municipio de Malpica 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

A sala Non canto por cantar, do CAT de Buño, acolleu a presentación desta obra colectiva 

18 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Acolleu o Centro de Artesanía e Tradición (CAT) de Buño, na súa sala Non canto por cantar, a presentación do libro «Somos Pandeireteiras», peche do programa municipal Malpica nun Mar de Letras. Ademais de Mercedes Peón, autora do prólogo, participaron dúas das autoras, malpicás, Mar Suárez e Selina Otero. «Un berro de orgullo», dixo a edila de Cultura, Noelia Freijeiro, desta obra. Emoción, forza, identidade, memoria, traballo pola cultura día a día. De todo iso se falou no encontro.