
Celebrarase o vindeiro 5 de xullo na pista polideportiva de Imende
26 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado 5 de xullo • A Asociación Deportiva, Cultural e Recreativa Baldaio promove para o sábado da semana próxima a trixésima edición da súa Romaría Galega. Terá lugar na pista polideportiva de Imende e comezará ás sete da tarde cunha sardiñada e churrascada. A partir das oito actuarán grupos de música e baile tradicional da asociación Nemeth e, para rematar, o grupo Caramelo amenizará a verbena nocturna.
A entidade, promotora doutros festexos, como a Festa do Berberecho, ou de distintas actividades culturais e recreativas ao longo do ano, recuperou esta Romaría Galega no 2023 logo de varios anos de parón por mor do coronavirus. É unha cita coa vecindade, coa gastronomía e coa música tradicional á que adoitan sumarse centos de persoas cada ano. Na organización colabora o Concello de Carballo.